viernes, 27 de febrero de 2015

UNHA VISITA ESPECIAL

Bo día falconciños!

Ao longo desta semana houbo un run run polos pasillos. Dícese que un ser misterioso está de visita no noso centro. Non sabemos si só é unha visita ou ven para quedarse. Non vos preocupedes!

Este misterio resolverase hoxe a partires das dúas na aula cinco, no noso clube de lectura. Que será, será?




ACTIVIDADE SOBRE O CAPÍTULO 2: "LA ADVERTENCIA DE DOBBY"

Que tal, falconciños?
Por fin sabemos que a personaxe misteriosa que estaba a agardar a Harry no seu dormitorio non era outra máis que Dobby, un entrañable elfo doméstico que nos acompañará durante toda esta aventura.

Dende o Equipo da Biblioteca decidimos que qué mellor maneira que levalo sempre con nós que realizalo nós mesmos.

MATERIAL NECESARIO:


  • Fieltro rosa, verde, branco e negro
  • Tixeiras
  • Pegamento ou cinta de dobre cara
  • Rotulador marrón e vermello
  • Recheo 
  • Imperdible
CÓMO TEMOS QUE FACER:

Dobramos o fieltro rosa por a metade e recortamos a silueta da cara de Dobby, de tal xeito que nos queden dúas partes. A continuación recortamos o fieltro branco coa forma dos ollos, o fieltro verde con forma circular máis pequeno que o branco e dous circuliños pequenos negros.
Pegamos o fieltro negro ao verde; o verde ao branco e o branco na cara de Dobby para formar os ollos. Debuxamos o nariz co rotulador marrón e a boca co rotulador vermello.

Pegamos as dúas partes rosas e deixamos un buratos por onde metemos o recheo despois cerramos completamente. Tamén pegamos o imperdible á parte traseira de Dobby. Se non pega co pegamento podemos empregar pistola coa supervisión dos profes e...Listo! Xa temos ao noso Dobby particular!






jueves, 26 de febrero de 2015

TRIVIAL HARRY POTTER Y LA CÁMARA SECRETA CAPÍTULO 2

Boas falconciños!!! Aquí vos deixo unha nova entrega do noso trivial que se corresponde co capítulo "La advertencia de Dobby". Desexo que o disfrutedes e que consigades o maior número de puntos posibles. A qué esperades? A xogar!

viernes, 20 de febrero de 2015

TRIVIAL HARRY POTTER Y LA CÁMARA SECRETA CAPÍTULO 1

Bos días, Falconciños!

Comezamos con moito ánimo este segundo libro de Harry Potter e para que non perdades ritmo, aquí vos deixo o primeiro trivial deste segundi libro. A ver cal de vós contesta a todas as preguntas sin cometer ningún erro?


COMEZAMOS UN NOVO LIBRO NO NOSO CLUBE DE LECTURA

Que tal, Falconciños?
Damos por rematada a lectura do libro "Harry Potter y la Piedra Filosofal" e embarcámonos nunha nova aventura. Gracias á boa acollida que tivo o primeiro libro da saga, decidístedes por maioría seguir afondando na traxectoria de Harry Potter e por tanto damos comezo "Harry Potter y la cámara secreta".
Imos aló!